Acto Público de Rendición de Contas

  • Imprimir

Cartel Ac PublicoPara nós que traballamos no día a día de Labañou Solidaria o luns que vén (19 de Decembro de 2011) é un dos días máis importantes do ano.

Ás 19:00 no Centro Cívico de Labañou poderemos explicarvos como foi este ano de traballo e o que queremos que suceda o que vén, poderedes ver que facemos exactamente coas contribucións dos nosos socios e socias e o máis importante manteremos esta reunión anual como un espazo de encontro, de participación e de activismo para que outro mundo sexa posible.
Como saberedes sempre hai un viño e uns pinchos de confraternización, este ano como novidade e de acordo á estratexia de traballo en Comercio Xusto haberá unha degustación destes produtos polo que ademais poderemos explicarte con claridade que é e como funciona o Comercio Xusto e o consumo responsable.