Introdución
Hoxe en día, no distrito de Vilcabamba, viven 15.000 persoas, descendentes daqueles Incas, nunha extensión similar á metade da provincia de Pontevedra, entre os ríos Apurimac e Urubamba (o río sagrado dos incas).
A poboación, moi dispersa, considerada polo goberno do Perú como de extrema pobreza, vive con menos dun dólar ao día, sen auga potable e apenas abastecemento eléctrico.
Fóra dos núcleos máis poboados, as súas casas, dunha soa estanza, son de adobe, con teito de palla e chan de terra.
Viven do que a terra lles dá, pero a falta de recursos e a perda progresiva dos coñecementos ancestrais lles limita a unha agricultura onde fundamentalmente se cultiva a papa (pataca).
Segundo o diagnóstico de saúde escolar realizado por Labañou Solidaria, a infancia padece enfermidades infecciosas respiratorias e parasitos que lles causan diarreas que aumentan a súa xa habitual malnutrición.
