Xeografía
Vilcabamba ten unha superficie de 23.000 km cadrados.
Trátase dunha orografía moi accidentada, con vales, valgadas, pradarías, cumios, punas, etc. e polo tanto, conta con toda unha diversidade de pisos ecolóxicos en función da altitude (entre 1.500 e 5.000 metros). Esta diversidade de altitudes crea diversos ecosistemas:
- Cella de selva, nas zonas baixas, cun clima e uns condicionantes e problemas propios de selva tropical.
 - Serra andina, que comprende a maioría da súa superficie, cun clima e uns condicionantes moito máis agresivos, con tempadas de chuvia (decembro-abril) e de intensas xeadas (maio-agosto).
 
O Distrito está percorrido polo río Vilcabamba e os seus múltiples afluentes, que discorren entre montañas e vales configurando unha paisaxe espectacular. Todo o Distrito está percorrido por unha gran multitude de ríos, regatos e mananciais, cuxa canle medra considerablemente, en época de chuvias.
Os centros poboados máis importantes do Distrito encóntranse moi dispersos, non superando os 500 habitantes ningún deles: Paltaybamba, Oyara, Yupanca, Lucma, Pucyura, Huancacalle, Ccayara, Vilcabamba la Nueva, aos que se accede en coche, e Pampaconas, Chancavine, Espírito Pampa, Arma, Choquetira, Accobamba, Amaybamba, Pacaybamba, Incahuasi, San Martín, Ccarco, San Fernando, etc. aos que se accede a pé ou cabalo por camiños de ferradura.
