|
|
|
   |
 |
| Conócenos |
| |
A Coruña, 7 de febreiro de 2001
Na cidade da Coruña, o día 7 de febreiro de 2001, reuníronse as seguintes persoas:
Don José Luis Astray Coloma, veciño da Coruña, con domicilio no lugar de Ceán, s/n, Orto, Abegondo (15318) e con DNI núm. 32398711-Z.
Dona Rosa María Rodríguez Barrós, veciña da Coruña, con domicilio na rúa Casares Quiroz núm. 9,1º dereita (15008) e con DNI núm. 32756849-L.
Don Joaquín Serrano Peña, veciño da Coruña, con domicilio esquina Rosalía de Castro núm. 7, 3º Betanzos (15300) e con DNI núm. 13074578-K.
Dona Paloma Tomé Díaz, veciña da Coruña, con domicilio na rúa Alfonso IX núm. 1, 5º dereita (15001) e con DNI núm. 32417719-R.
Don Santiago del Valle Chousa, veciño da Coruña, con domicilio na rúa Plaza General Mola núm. 2, 5º A (15001) e con DNI núm. 33809766-L.
Dona Dolores Veiguela Moreno, veciña da Coruña, con domicilio no Polígono de Elviña, 2ª fase, bloque 3, portal 4, 9º esq. (15008) e con DNI núm. 32759287-L.
Todos son maiores de idade e actúan en nome propio para os efectos de constituír unha asociación.
Para a mellor orde da sesión decídese por maioría que a presida don José Luis Astray Coloma e que actúe como secertaria dona Dolores Veiguela Moreno.
As persoas reunidas teñen un amplo intercambio de impresións respecto á idea de constituír unha asociación que estará domiciliada nesta cidade e que terá por obxecto o estudio e o diagnóstico das condicións socio-sanitarias da poboación para poder promover e desenvolver actividades sanitarias, educativas, culturais, sociais, científicas e productivas que contribúan a un desenvolvemento sostido baseado na cooperación e solidariedade comunitaria, nacional e internacional.
Entre os obxectivos fundamentais desta asociación, de carárter non lucrativo, manifestan a intención de levar adiante, de maneira sistemática, accións que fortalezan e eleven o benestar e a calidade de vida dos habitantes dos núcleos poboacionais nos que se considere necesario incidir, sen discriminación por raza, sexo, relixión, filosofía ou posicionamento político.
De seguido, os membros reunidos examinan un texto de estatutos, que pasan a discutir, e logo da deliberación, por unanimidade, adóptanse os seguintes acordos:
PRIMEIRO: Constituír na cidade da Coruña unha asociación que se denominará LABAÑOU SOLIDARIA e que terá como fins a cooperación internacional socio-sanitaria cun enfoque integral de desenvolvemento, e que se rexerá pola vixente Lei de Asociacións e estatutos da asociación.
SEGUNDO: Aprobar os estatutos sociais polos que terá que rexerse esta asociación, estatutos que foron lidos na presente reunión, incorporando as modificacións acordadas e que forman un texto de 5 capítulos, agrupados en 35 artigos e 3 disposicións finais.
TERCEIRO: Dar cumprimento ó establecido no artigo terceiro da Lei de Asociacións, e remitir a Consellería de Xusticia da Xunta de Galicia, e por triplicado, copia desta acta e os estatutos mencionados anteriormente, asinados por todos os socios fundadores.
CUARTO: Facultar a don José Luis Astray Coloma, que presidiu a xuntanza, para que en nome e representación dos fundadores subscriba os escritos e realice cantas xestións sexan necesarias e convenientes, a seu xuízo, para obter das autoridades competentes a inscrición da asociación que se constitúe no Rexistro correspondente.
Levántase a sesión, da que se estende a presente Acta Fundacional, acta que é asinada, como mostra de aprobación, por todos os asistentes:
Asdo.: José Luis Astray Coloma
Asdo.: Rosa María Rodríguez Barrós
Asdo.: Joaquín Serrano Peña
Asdo.: Paloma Tomé Díaz
Asdo.: Santiago del Valle Chousa
Asdo.: Dolores Veiguela Moreno
|
|
|
| © Asociación Labañou Solidaria, Rúa Nosa Sra. do Perpetuo Socorro, 13 bajo 15011 A Coruña (España) |
|
|
|