|
A Coruña, mazo de 2004
CAPÍTULO PRIMEIRO
DENOMINACIÓN, DOMICILIO, ÁMBITO, OBXECTO E ACTIVIDADES
Artigo 1º.- Constitúese na
cidade da Coruña unha asociación non gobernamental, sen
ánimo de lucro, que se denominará ASOCIACIÓN LABAÑOU SOLIDARIA,
dedicada a fins de cooperación socio-sanitarios, cun enfoque
integral de desenvolvemento, e que se rexerá pola vixente Lei de
Asociacións e polos presentes estatutos.
Artigo 2º.- O domicilio social da
asociación establécese na cidade da Coruña, na
Rúa de Nosa Señora do Perpetuo Socorro, número 13,
baixo, 15011. Poderán ser creados locais sociais noutras cidades
mediante acordo da Xunta Directiva, que terá atribucións
para cambiar tanto o domicilio como os locais, dando conta do seu
acordo ó organismo encargado do rexistro.
Artigo 3º.- O ámbito
territorial dentro do cal a asociación desenvolverá as
súas actividades circunscríbese á provincia da
Coruña. Terá unha duración indefinida e só
se disolverá por acordo da asemblea xeral extraordinaria ou por
calquera das causas previstas nas leis.
Artigo 4º.- O
ámbito de actuación da ASOCIACIÓN LABAÑOU
SOLIDARIA esténdese a todos os países do mundo,
especialmente a comunidades con características de
subdesenvolvemento e marxinalidade social.
Artigo 5º.- O obxecto social desta ASOCIACIÓN Consistirá no:
- Estudio e diagnóstico pormenorizado da
situación sanitaria e socio-laboral da poboación obxecto
de actuación.
- Deseño de políticas de actuación, cara a realización de actividades que posibiliten:
- Mellora das condicións sanitarias (de atención primaria de saúde).
- Desenvolvemento agropecuario.
- Desenvolvemento económico (con todas aquelas actuacións necesarias para a poboación obxecto de traballo)
- Desenvolvemento Comunitario.
- Educación en Valores, tendentes a
cooperación internacional, paz e solidariedade, tanto cas
poboacións obxecto de actuación, como a poboación
da Cidade da Coruña, especialmente dirixida a nenos e nenas, e
xoves.
- Tamén serán obxecto de
atención as diversas problemáticas que requiran a
promoción de accións e proxectos específicos
naqueles colectivos de poboación integrados por grupos
vulnerables (nenos, mozos, homes e mulleres con problemas de
violencia e discriminación).
- Igualmente, será obxecto de
atención particular a promoción e defensa do medio
ambiente e dos dereitos humanos naqueles lugares nos que se traballe.
- Entre os obxectivos fundamentais desta
asociación, de carácter non lucrativo, destaca a
intención de levar adiante, de maneira sistemática,
accións que fortalezan e eleven o benestar e a calidade de vida
dos habitantes dos núcleos poboacionais nos que se considere
necesario incidir.
Artigo 6º.- O traballo e as
actividades multidisciplinarias da asociación asentaranse en
principios e métodos científicos, técnicos,
participativos e democráticos na toma de decisións
colexiadas, e axustarase xuridicamente á doutrina nacional e
internacional.
Débese realizar toda clase de intercambio
sobre proxectos, estudios, colaboración, ideas e experiencias
con outras organizacións similares, nacionais e internacionais,
para acrecentar así o patrimonio intelectual, físico,
administrativo, técnico e financeiro desta
asociación.
Favorecerase en todo momento o intercambio cultural naqueles lugares nos que se emprendan proxectos de cooperación.
A asociación promoverá un seguimento
sistemático da correcta ou incorrecta utilización e
consumo dos recursos humanos, naturais, financeiros e fiscais coa
finalidade de facer propostas científicas, técnicas,
xurídicas e sociais para acadar un axeitado manexo destes
recursos.
Se for necesario, a asociación pode
adquirir bens mobles e inmobles, así como maquinaria, aparellos,
e toda clase de equipos e accesorios que coadxuven ó
desenvolvemento do obxectivo e actividade desta organización,
tamén materias primas, estudios e traballos de
investigación.
Artigo 7º.- A xunta directiva
será o órgano competente para interpretar os preceptos
contidos nestes estatutos e cubrir as lagoas que poidan conter,
aténdose sempre á normativa legal vixente en materia de
asociacións.
Os presentes estatutos serán desenvolvidos e cumpridos mediante
os acordos que validamente adopten a xunta directiva e a asemblea
xeral, dentro da súa respectiva competencia.
|