Val de San Miguel

Agora que empezamos unha nova singladura no Val de San Miguel, tamén en Vilcabamba (Perú), cun proxecto que pretende achegar aos pequenos e pequenas produtoras de café e cacao ao mercado do Comercio Xusto, non podemos deixar de compartir convosco esta nova campaña da Coordinadora Estatal de Comercio Xusto. Porque ese café sempre nos vai deixar un mellor sabor de boca.