Estatutos - Capítulo Cuarto

CAPÍTULO CUARTO

O RÉXIME ECONÓMICO

Artigo 32º. - o patrimonio fundacional da ASOCIACIÓN LABAÑOU SOLIDARIA ao constituírse ascende a trescentas mil pesetas e o límite do presuposto virá condicionado aos resultados económicos do ano anterior

Artigo 33º. - Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento das actividades sociais serán os seguintes:

  1. As cotas que fixe a Asemblea Xeral aos membros. Os membros de honra están exentos de cotización. A primeira cota págase o mes no que se produza a inscrición e as seguintes cunha periodicidade dunha vez ao ano polo menos, contando dende o pagamento da cota anterior.
  2. Os produtos dos bens e dereitos que lle correspondan, así como as subvencións oficiais ou particulares, legados e herdanzas, doazóns de organismos ou institucións nacionais ou internacionais, que poidan recibir, en forma legal.
  3. Rendas do patrimonio.
  4. Outros ingresos que poida obter a asociación mediante as actividades lícitas que acorde realizar a Xunta Directiva, sempre dentro dos fins estatutarios.

Artigo 34º. - A administración dos fondos da asociación estará sometida á correspondente intervención e coa publicidade suficiente, co fin de que os socios poidan ter coñecemento periodicamente do destino dos fondos, sen prexuízo do dereito consignado a este respecto nestes estatutos.

As contas da asociación aprobaranse anualmente pola Asemblea Xeral, aplicándose para iso unha contabilidade co peche do exercicio a ano natural

Esta asociación non poderá destinar os seus bens a fins industriais, comerciais, profesionais ou de servizos, nin exercer actividades de igual carácter co fin de repartir beneficios entre os seus socios. Os seus ingresos aplicaranse integramente á conservación do seu obxecto social.