Memoria Ano 1999

Memoria do Proxecto de Saúde e Desenvolvemento. Labañou-Vilcabamba 1999

Obxectivo xeral: Contribución á mellora do nivel de saúde e da calidade de vida da poboación de Vilcabamba (Perú).

Responsable do Proxecto: Luis Astray Coloma (ONG Labañou Solidaria)

Período de execución: Xaneiro a Decembro de 1999.

Localización xeográfica do Proxecto: Distrito de Vilcabamba. Provincia da Convención. Departamento de Cusco. República de Perú.

Contraparte local: Centro de Saúde de Vilcabamba

Entidades e patrocinadores implicadas:

  1. En España:
    • Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
    • Xerencia de Atención Primaria Da Coruña.
    • Servizo de Atención Primaria de Labañou
    • Solidariedade Galega
    • Asociación Comunitaria do Distrito Quinto, Da Coruña.
    • Asociación Juan de Betanzos
    • Concello da Coruña
  2. En Perú:
    • UBASS (Unidade Básica de Servizos de Saúde) Santa Ana, da provincia da Convención.
    • Centro de Saúde de Pucyura
    • A ONG de contraparte ADRA - OFASA de Perú
    • IMPPARES (Instituto da Muller Peruana e Paternidade Responsable)

Orzamento total: 6.116.000 pts.