Memoria Ano 2006

Memoria do Proxecto de Saúde e Desenvolvemento: Labañou-Vilcabamba 2006

Obxectivo xeral: Contribución á mellora do nivel de saúde e da calidade de vida da poboación de Vilcabamba (Perú).

Localización xeográfica do Proxecto: Distrito de Vilcabamba. Provincia da Convención. Departamento de Cusco. República de Perú.

Responsable do Proxecto: ONG Labañou Solidaria.

Período de execución: Xaneiro a Decembro de 2006.

Contraparte Local: Grupo Xerador do Avance Distrital (GGAD) de Vilcabamba.

Institucións e Patrocinadores implicados:

  1. En España:
    • Xunta de Galicia.
    • Asociación de Veciños de Labañou, A Coruña
    • Continental Producións S.L.
  2. En Perú:
    • Municipalidade distrital de Vilcabamba
    • Dirección Xeral de Turismo do Cusco (DIRCETUR)

Orzamento total: 39.070 euros