Conócenos

A Coruña, mazo de 2004

CAPÍTULO TERCEIRO
OS SOCIOS: DEREITOS E DEBERES.

Artigo 26º.- Poden ser membros as persoas maiores de idade, físicas ou xurídicas, que dalgunha maneira teñan interese en desenvolver os fins da asociación e que se sometan ós estatutos.
A Xunta Directiva pode outorgar o nomeamento de membro honorario a aquelas  persoas, físicas ou xurídicas, que, polo seu prestixio ou por ter contribuído de maneira relevante á dignificación ou desenvolvemento da mesma, sexan merecentes de tal distinción.
Son membros colaboradores aquelas persoas que contribúan exclusivamente con cotas ou achegas extraordinarias ó sostemento da asociación.

Artigo 27º.- AAs persoas que desexen pertencer á asociación, solicitarano por escrito ó presidente, quen llo comunicará  á Xunta Directiva para que esta resolva sobre a admisión ou inadmisión do socio, sen que caiba ningún recurso contra o seu acordo.
Non se adquire a condición de socio mentres non se satisfaga a cota de entrada na conta e na forma que estableza a Xunta Directiva.

Artigo 28º.- Os membros da asociación terán os seguintes dereitos:

  1. Ser elector e elixible para os cargos dos órganos directivos.
  2. Formular propostas e participar, con voz e voto, na adopción de acordos na Asemblea Xeral e nos demais órganos sociais dos que formen parte.
  3. Participar nas actividades que promova a asociación e nos actos sociais que organice para todos os socios.
  4. Recibir a información necesaria para o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento das súas obrigas, en conformidade coas normas legais.
  5. Recibir, se así o solicitasen, unha copia destes estatutos e ter coñecemento dos acordos adoptados polos órganos directivos.
  6. Que se lles poña de manifesto o estado de contas dos ingresos e gastos da asociación todos os anos.

Artigo 29º.- Os membros da asociación terán as seguintes obrigas:

  1. Acatar as normas estatuarias e os acordos validamente adoptados pola Asemblea Xeral e pola Xunta Directiva.
  2. Aboar puntualmente as cotas de entrada e as periódicas que acorde a Xunta Directiva.
  3. Desempeñar  as obrigas inherentes ó cargo que desempeñen e prestar a colaboración necesaria para o bo funcionamento da asociación.
  4. Cumprir os principios da asociación e os preceptos establecidos nas leis e nos estatutos.

Artigo 30º.- OOs socios poden ser sancionados pola Xunta Directiva por infrinxiren reiteradamente os presentes estatutos ou os acordos da Asemblea Xeral ou da Xunta Directiva. As sancións poden comprender desde a suspensión dos dereitos durante un mes ata a separación definitiva da asociación, nos termos que prevé a lei.

Artigo 31º.- Os socios poden solicitar a baixa na asociación voluntariamente mediante un aviso por escrito á Xunta Directiva, pero isto non os eximirá de satisfacer as obrigas que teñan pendentes con ela.
A Xunta Directiva pode acordar o cesamento na asociación daqueles socios que:

  • adopten actitudes e comportamentos contrarios ós principios e valores da asociación.
  • prexudiquen os intereses materiais ou o prestixio social da asociación.
  • usurpen funcións da Xunta Directiva.
  • falsifiquen documentos, sinaturas, selos ou datos da asociación.
  • falseen voluntariamente datos e informacións do servicio realizado.
  • realicen fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións que se lle encomenden, así como calquera conducta constitutiva de delicto.
  • demoren no pagamento das cotas establecidas máis de noventa días, contados desde a data do vencemento, salvo causa xustificada.

A baixa ou expulsión soamente pode ser acordada pola Xunta Directiva. Debe ser precedida de expediente,  no que cómpre oír o interesado. O socio  pode recorrer contra o acordo de expulsión no prazo de quince días, desde que lle sexa  notificado, ante a Asemblea Xeral. O acordo de expulsión será firme desde que sexa ratificado polo Asemblea Xeral.


© Asociación Labañou Solidaria, Rúa Nosa Sra. do Perpetuo Socorro, 13 bajo 15011 A Coruña (España)
 
 
mpaa.org filmratings.com parentalguide.org Privacy Policy Terms of Use Miramax Films