|
A Coruña, mazo de 2004
CAPÍTULO QUINTO
DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN
Artigo 35º.- A asociación
disolverase por acordo da Asemblea Xeral, adoptado polos dous tercios
dos votos presentes e representados, así como por outras causas
establecidas por lei.
Cumpridas as formalidades legais sobre
disolución da asociación, ábrese o período
de liquidación.
A Asemblea Xeral que acorde a disolución
nomeará unha comisión liquidadora composta por cinco
membros, polo menos dous deles extraídos da Xunta Directiva.
Esta comisión farase cargo dos fondos que existan, para que,
unha vez satisfeitas as obrigas, o remanente, se o houber, sexa
entregado a calquera entidade ou asociación similar nos
obxectivos e medios, ou que se reparta entre varias asociacións
deste tipo.
|