|
A Coruña, mazo de 2004
CAPÍTULO CUARTO
O RÉXIME ECONÓMICO
Artigo 32º.- A ASOCIACIÓN
LABAÑOU SOLIDARIA ó constituírse o patrimonio
fundacional ascende a trescentas mil pesetas e o límite do
orzamento virá condicionado ós resultados
económicos do ano anterior
Artigo 33º.- Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento das actividades sociais serán os seguintes:
- As cotas que fixe a Asemblea Xeral ós
membros. Os membros de honra están exentos de cotización.
A primeira cota págase o mes no que se produza a
inscrición e as seguintes cunha periodicidade de unha vez
ó ano polo menos, contando desde o pagamento da cota anterior.
- Os productos dos bens e dereitos que lle
correspondan, así como as subvencións oficiais ou
particulares, legados e herdanzas, doazóns de organismos ou
institucións nacionais ou internacionais, que poidan recibir en
forma legal.
- Rendas do patrimonio.
- Outros ingresos que poida obter a
asociación mediante as actividades lícitas que acorde
realizar a Xunta Directiva, sempre dentro dos fins estatutarios.
Artigo 34º.- A
administración dos fondos da asociación estará
sometida á correspondente intervención e coa publicidade
suficiente, co fin de que os socios poidan ter coñecemento
periodicamente do destino dos fondos, sen prexuízo do dereito
consignado a este respecto nestes estatutos.
As contas da asociación aprobaranse
anualmente pola Asemblea Xeral, aplicándose para elo una
contabilidade co peche do exercicio a ano natural
Esta asociación non poderá destinar
os seus bens a fins industriais, comerciais, profesionais ou de
servicios, nin exercer actividades de igual carácter co fin de
repartir beneficios entre os seus socios. Os seus ingresos aplicaranse
integramente á conservación do seu obxecto social.
|