| |
A Coruña, agosto do 2002
Estimado amigo/a:
Ante todo, un saudo solidario.
Esta é unha primeira comunicación ós socios/as desta nova ONG, Labañou Solidaria, que de xeito mais informal leva xa catro anos traballando no proxecto de cooperación con Vilcabamba (Perú).
Este pequeno resumen tenta de informarche do que somos, e do que facemos ós que pertencemos a Labañou Solidaria.
Mais adiante irás recibindo periódicamente información das novedades, e unha rendición de contas de cómo invirténse os cartos de tódolos/as que sodes socios/as, o colaborades dalgún xeito co Proxecto. Antes de Nadal temos previsto convocar unha Asamblea Xeral de tódolos socios/as.
Este ano, unha expedición de 6 profesionales viaxará a Vilcabamba o mes de Outubro: Dous médicos de familia, un veterinario, unha enfermeira, un educador social e unha periodista. Ademais, un equipo dunha productora viaxará con nos, para facer a segunda parte do documental que fixeron hay dous anos.
Está a túa disposición un exemplar do Proxecto de este ano 2002, cos obxetivos e tódala información concreta sobor do mesmo.
Ademais quero informarche de duas iniciativas que temos para o financiamento desta expedición:
-Temos a túa disposición unhas camisetas “moi Chulas”, de tódalas tallas a 10 euros cada unha.
-O día 7 de septembro, as 21 horas temos orgaizada unha cea-baile no patio do Colexio Calvo Sotelo (enfrente a Residencia Padres Rubinos) de Labañou. Teremos Salsa cubana en directo para mover ó esqueleto. As entradas, a 15 euros, podes mercalas a calquer membro da xunta directiva ou ben no Bar Sin Querer, de Labañou. E unha ocasión para estar xuntos, levar ós amigos/as e pasalo ben.
Necesitamos saber antes do martes, 3 de Septembro si contamos contigo.
Tamén quéroche informar da dirección no local que xentilmente nos facilitou a AA VV. de Labañou, do E. Mail e da páxina web que estamos a construir nestos días.
Estamos os mércoles as 20 horas no local da Asociación de Vecinos de Labañou, rua Nosa Sra. do Perpetuo Socorro, 23, baixo. 15011-A Coruña (Tfno.: 981-14 09 79). Tamén, podes localizarnos en:
Centro de Servicios Sociais de Labañou. Oficiña do Plan Comunitario, preguntando por Lola Veiguela (Tfno.: 981-27 70 92).
Centro de Saúde de Labañou, preguntando polo Dr. Luis Astray (Tfno.: 981-26 83 84).
O correo electrónico é: labanousolidaria@hotmail.com
A nosa páxina WEB: www.labanousolidaria.org
Unha aperta.
|