Noticias - Asociación Labañou Solidaria
 
33 noticias
07/07/2008  Sardiñada en Labañou 2008 
15/05/2008  Asemblea Xeral Ordinaria 2008 
25/04/2008  Aagradecemento a entidades privadas colaboradoras 
20/03/2008  Presentación pública do Proxecto de cooperación con Vilcabamba 
21/06/2007  Asamblea General: carta a los socios  
08/07/2006  Sardiñada en Labañou 
17/06/2006  Concierto en el Playa Club 
25/05/2006  Asamblea Xeral Ordinaria 2006 
16/04/2006  Expedición a Vilcabamba 2006-1 
11/03/2006  Cena-Baile solidaria 
01/12/2005  Jueves 1 diciembre reunión en la sede 
26/11/2005  La expedición a Vilcabamba 2005 regresa a casa 
11/11/2005  La expedición 2005 en Vilcabamba 
28/10/2005  Concierto en el Playa Club 
20/10/2005  INFORMACIÓN CONTRATACIÓN TÉCNICO EN DESARROLLO 
09/07/2005  Romería Solidaria 
24/06/2005  Acto público da O.N.G. 
28/04/2005  Asamblea Xeral Ordinaria 
01/10/2004  Foto Artus y Canon donan una cámara digital 
21/05/2004  Acto público Expedición junio-2004 
02/02/2004  Asamblea General: carta a los socios 
01/01/2004  Donativo de Continental Producciones, S.L. 
11/10/2003  Noticias Expedición a Vilcabamba 2003 
15/09/2003  Donativo Foto Artus y Canon 
19/07/2003  Sardiñada-baile en Labañou 
06/06/2003  Presentación pública del Proyecto 2003 
31/10/2002  Regreso de los cooperantes a Coruña 
17/10/2002  Cooperantes 2002 - Correo desde Quillabamba 
05/10/2002  Cooperantes 2002 - Correo desde Cuzco 
01/10/2002  Cooperantes parten hacia Perú - Despedida 
07/09/2002  Cena-baile en Labañou 
15/08/2002  Carta a los Socios 
06/07/2002  Sardiñada en Labañou 


21-06-2007 Asamblea General: carta a los socios
  A Coruña, 18 de maio de 2007

 

Querido amigo/a:

A ONG Labañou Solidaria celebrará a Asemblea Xeral Ordinaria o día 21de xuño (xoves),  ás 19,30 horas en primeira convocatoria e ás  20 horas en segunda convocatoria, no noso local de Nosa Señora do Perpetuo Socorro, nº 13,  baixo (Labañou), coa seguinte orde do día:

1.      Informe de actividades do 2006

2.      Informe económico

3.      Elección de cargos da Xunta Directiva

4.      Proposta de traballo para 2007

5.      Rogos e Preguntas

Este ano, e conforme aos estatutos, renovaranse os cargos de vicepresidente/a, tesoureiro/a e un vogal. Calquera socio pode presentarse, facéndoo por escrito e comunicándoo con 15 días de antelación á data da Asemblea a calquera membro da actual Xunta Directiva.

Aproveito a ocasión para mandarche un pequeno informe del Proxecto Labañou – Vilcabamba do 2006, e do balance económico do ano pasado.

Neste mes de maio unha expedición de dúas persoas atópase en Vilcabamba participando dun Congreso de Turismo Vivencial que promove Labañou Solidaria, no que tamén participa un profesor da Universidade de Santiago e o subdirector de Turismo da Xunta de Galicia.

Outro compañeiro está durante tres meses en Vilcabamba poñendo en marcha un proxecto de Axenda 21 escolar nun colexio.

O mes xuño un equipo da consultora DEVALAR viaxará a Vilcabamba para facer unha avaliación  externa de tipo técnico do Proxecto.

O Proxecto de desenvolvemento en Vilcabamba atópase nun momento decisivo e Labañou Solidaria está vertendo tódolos seus esforzos alí.

Se tes algunha dúbida ou desexas comunicarnos calquera cousa, non dubides en poñerte en contacto con calquera dos que formamos parte da Xunta Directiva actual,  por carta, ou no correo electrónico: labanousolidaria@hotmail.com .

Por último, quero reiterarte a posibilidade que tes de participar mais activamente en Labañou Solidaria, facéndonolo saber, pois xuntámonos case tódalas semanas. Tamén che pedimos a túa contribución o crecemento da ONG conseguindo novos socios que tan necesarios son para poder ter un maior impacto e independencia do noso proxecto en Vilcabamba.

Sen outro particular, e reiterando unha vez mais o agradecemento pola túa colaboración, recibe un saúdo solidario.

 

 

 

 

Luis Astray Coloma

Presidente de Labañou Solidaria


Subir




© Asociación Labañou Solidaria, Rúa Nosa Sra. do Perpetuo Socorro, 13 bajo 15011 A Coruña (España)