| |
A ONG Labañou Solidaria celebrará a Asemblea Xeral Ordinaria o día 25 de
maio (xoves), ás 19,30 horas en primeira
convocatoria e ás 20 horas en segunda
convocatoria, no noso local de Nosa Señora do Perpetuo Socorro, nº 13, baixo (Labañou), coa seguinte orde do día:
- Informe de
actividades do 2005
- Informe económico
- Elección de
cargos da Xunta Directiva
- Proposta de
traballo para 2006
- Rogos e Preguntas
Este ano, e conforme aos estatutos, renovaranse os cargos de presidente/a,
secretario/a e un vocal. Calquera socio pode presentarse, facéndoo por escrito
e comunicándoo con 15 días de antelación á data da Asemblea a calquera membro
da actual Xunta Directiva.
Aproveito a ocasión para mandarche un pequeno informe del Proxecto Labañou
– Vilcabamba do 2005, e do balance económico do ano pasado.
Se tés algunha dúbida ou desexas comunicarnos calquera cousa, non dubides
en poñerte en contacto con calquera dos que formamos parte da Xunta Directiva
actual, por carta, ou no correo
electrónico: labanousolidaria@hotmail.com.
Por último, quero reiterarche a posibilidade que tés de participar máis
activamente en Labañou Solidaria, acudindo as reunións plenarias que se fan
tódolos primeiros xoves de cada mes no noso local, ou participando nas
distintas comisións de traballo (sanidade, educación, agropecuario, turismo
solidario.....). Tamén che pedimos a túa contribución o crecemento da ONG
conseguindo novos socios que tan necesarios son para poder ter un maior impacto
do noso proxecto en Vilcabamba.
Sen outro particular, e reiterando unha vez máis o agradecemento pola túa
colaboración, recibe un saúdo solidario.
Luis Astray Coloma
Presidente de Labañou
Solidaria
|