| |
|
Ola Visitante,
Empezamos unha nova etapa en Labañou Solidaria. Queremos mellorar a comunicación coas persoas socias e colaboradoras e para iso pensamos no envío dun boletín electrónico bismensual (entendemos que esta periodicidade estimula a lectura e ademais non satura as persoas que o reciben) para que poidades ser partícipes do que sucede aquí e en Vilcabamba. Cremos que a vosa fidelidade merece que coñezades con máis asiduidade o verdadeiro valor das vosas achegas e os cambios positivos que grazas a estas se seguen producindo en Vilcabamba.
|
|
|
| |
NOTICIAS
- Froito da colaboración cun equipo de investigación da Universidade dá Coruña e a Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC este mes visitaron Vilcabamba varios profesionais coruñeses para estudar a viabilidade dun sistema de depuración de augas residuais con biofiltros naturais. Como sabedes moitos dos que estivestes alí a vida do distrito segue xirando en torno ao curso do río como fonte de vida polo que encontrar un sistema sostible que o protexa non pode traer máis que beneficios para os seus propios habitantes como para o planeta. En Labañou Solidaria esperamos ansiosos o resultado e conclusións do estudo para así poder comezar a formular a súa efectiva posta en marcha no poboado de Lucma, xunto á creación dun centro de educación ambiental no 2012.

- En Vilcabamba a estación húmida foi especialmente prexudicial este ano, as chuvias torrenciais arrasaron a estrada que une o distrito con outras poboacións e mercados dos que se abastece. Polo que nos fixo saber o noso técnico no terreo as autoridades víronse obrigadas a levar alimentos para a poboación a través de helicópteros ante o dramatismo da situación. A día de hoxe a casa de Labañou Solidaria en Pucyura está a servir á comunidade e a municipalidade como centro loxístico durante a emerxencia. A pesar do dramático da situación vosa colaboración foi vital para moitas familias. Como saberedes fai xa un tempo que o noso técnico estivo eseñando a diversas familias de Vilcabamba como explotar e diversificar os seus hortos familiares (chakras) para mellorar tanto a súa soberanía alimentaria coma a súa nutrición. Este proxecto a pesar do seu baixo custo ten unha grande aceptación e demanda e permitiu que moitas familias se enfrontasen a unha situación de emerxencia e extrema precariedade sen a vulnerabilidade de hai anos. A pesar de que o Concello da Coruña financiou unha pequena parte do proxecto a vosa colaboración para a adquisición de sementes e a contratación do técnico en terreo, foi literalmente vital para moitos vilcabambinos e vilcabambinas. Dada a súa potencialidade para mellorar a vida de moitas persoas ante sucesos que se repiten cada ano nesas novas montañas, e cando estes non se suceden dado o seu impacto na autosuficiencia e autonomía destas familias esperamos seguir contando coa vosa colaboración para que sexan cada vez máis familias as que se beneficien.

|
|
|
| |
ACTIVIDADES
Outro ano máis celebrarase a tan esperada Sardiñada Solidaria en Labañou coa colaboración da Asociación de Veciños de Labañou. Terá lugar na zona das vivendas do Carmen, detrás do Centro de Saúde o Sábado 9 de Xullo a partir das 20:00 hrs e como sempre estará amenizada con música e baile. Alí poderemos degustar unhas saborosas sardiñas, cachelos e pan de broa regado con bo viño e como novidade un delicioso café de Comercio Xusto.

|
|
|
|