|
|
Ola Visitante
A día de hoxe, o noso compañeiro Santiago del Valle, está nos Andes continuando co seu proxecto de búsqueda das ruinas de Vilcabamba a Grande. Aproveitamos a súa presencia en Perú para dar un pasiño máis nas negociacións para a xestión dos microcréditos e a cesión da Casa Labañou para o establecemento dunha escola de capacitación en agroecoloxía e recuperación de restos arqueolóxicos.
Como é ben sabido "las cosas de palacio van despacio" así que en cada oportunidade de presenza de un membro da nosa Xunta Directiva aproveitamos para retomar con máis forza se cabe as negociacións, perfilar os posibles acordos e prazos.
Sen embargo, as preocupacións actuais das autoridades da zona están enfocadas a contrarrestar as actuacións de Sendero Luminoso no distrito de Vilcabamba, téndose declarado o estado de emerxencia o que modificou en parte os seus plans, xa que como imaxinades a liberdade de movemento está fortemente restrinxida.
|
|
|
|
|
|
|
|
Por outra banda temos boas novas: outro ano máis celebrarase a tan esperada XI Sardiñada Solidaria en Labañou coa colaboración da Asociación de Veciños de Labañou.
Terá lugar na zona das vivendas do Carmen, detrás do Centro de Saúde o sábado 7 de Xullo a partir das 20:00 hrs e como sempre estará amenizada con música e baile.
Alí poderemos degustar unhas saborosas sardiñas, cachelos e pan de broa regado con bo viño. Este ano ademais teremos mercadiño solidario no que pondremos á venda roupa de segunda man doada polas nosas persoas colaboradoras e simpatizantes a prezos de crise (1, 2 e 3 euriños) para recadar fondos para os nosos proxectos, así que se crees na reutilización, reciclaxe, e tes ganas de pasar unha boa tarde en compaña de xente que quere un mundo mellor xa sabes onde atoparnos!!
e lembra o 7 de Xullo a encher de sardiñas o bandullo
|
|
|
|