Ola Visitante
A ONG Labañou Solidaria celebrará a Asemblea Xeral Ordinaria o día 4 de xuño, martes, ás 19,30 horas en primeira convocatoria e ás 20 horas en segunda convocatoria, no noso local de Nosa Señora do Perpetuo Socorro, nº 13, baixo (Labañou), coa seguinte orde do día:
- Informe de actividades do 2012
- Informe económico
- Elección de cargos da Xunta Directiva
- Proposta de traballo para 2013
- Rogos e preguntas
Este ano, e conforme aos estatutos, renovaranse os cargos de vicepresidente/a, tesoureira/o e un/a vocal. Calquera socio pode presentarse facéndoo por escrito e comunicándoo con 15 días de antelación á data da Asemblea a calquera membro da actual Xunta Directiva.
Se tes algunha dúbida ou desexas comunicarnos calquera cousa, non dubides en poñerte en contacto con calquera dos que formamos parte da Xunta Directiva actual, por carta, ou no correo electrónico: labanousolidaria@gmail.com .
Tamén queremos aproveitar a convidarte mañá xoves 9 de maio á Mesa redonda que celebrarase no centro Ágora ás 19:30 onde falaremos dos nosos proxectos e do futuro da cooperación internacional que levamos a cabo dende a nosa cidade.

E xa que temos unha axenda repleta de actividades lembrarche que este sábado 11 de maio celébrase durante todo o día na Plaza de Pontevedra o Día Internacional do Comercio Xusto e que participaremos xunto con outras organizacións e plataformas da sociedade civil na l Feira de Economía Social que vaise celebrar na nosa cidade: perto de 20 organizacións mostraremos á cidadanía que outro mundo é posible e que a día de hoxe xa existen alternativas para facelo realidade, dende o comercio xusto e o consumo responsable, software libre, enerxía, banca ética, etc.

VEN E DESCUBREO POR TÍ MESMA!!
A coruña, 8 de maio de 2013
|