|
Ola Visitante.
Queremos informarte da expedición a Vilcabamba deste ano, que está sendo entre o 11-10 e o 4-11, e dos obxectivos desta viaxe que veñen marcados polo paso do tempo.
!! Xa cumprimos 12 anos en Vilcabamba!!.
Moitas felicidades e grazas pola túa permanencia.
Viaxamos 4 persoas, a representante institucional de L.S. Paloma Tomé; a experta en comercio xusto e técnica de L.S. Lucía Vázquez, e dúas socias que farán a viaxe de sensibilización e apoio, correndo cos seus propios gastos, Alba Vazquez e Antía Diego.
OBXECTIVOS:
- Reducir a nosa presenza en Vilcabamba garantindo sostibilidade nos temas que viñemos traballando: Microcréditos, Hortos ecolóxicos, Desenvolvemento Turístico e Dinamización Social
- Tantear a posibilidade de intervención noutra conca do mesmo municipio, en San Miguel. Esta é unha zona de produción de café e cacao na que valoraremos a posibilidade de servir de enlaces entre produtores e comercio xusto. É só un primeiro contacto, para ver se se dan as condicións necesarias para deseñar unha futura intervención.
En Vilcabamba trataremos de asinar un convenio co municipio, polo cal L.S. cede, por un tempo determinado, o espazo para a oficina de información de recursos turísticos, e a municipalidade mantena e xestiona.
Fortaleceremos o uso da horta e da aula de formación da casa de L.S. pola comunidade. Promovendo que se faga de xeito equitativo e democrático.
Ademais reforzaremos a xestión comunitaria do fondo económico, para garantir a continuidade da oferta de microcréditos aos sectores de poboación máis desfavorecidos.
En San Miguel encontrarémonos con todos os sectores da produción do café e cacao para que a experta de L.S. poida avaliar a situación para posterior informe á ONG e ás partes.
Pensamos manter contacto semanal contigo para ir contándoche como van as cousas, este proxecto é cousa de todas as persoas que coma ti, acompañáronnos incansablemente ao longo destes 12 anos e gustaríanos celebralo xuntos.
Moitas grazas pola túa confianza e cariño, máis meritorio nos tempos que corren. Un forte abrazo en nome da xunta directiva e das expedicionarias.
Ata pronto.
|