| Finalmente quedamos esa mesma tarde. De novo chegou con atraso e a expedición tívose que dividir para poder acudir a outra reunión moi importante cunha cooperativa cafetalera que traballa en Comercio Xusto.
Mentres que o Director Xeral intentaba non desfalecer de "reunionitis" na cadeira mentres se mostraba interesado na proposta, a 10 minutos de alí tiñamos o noso primeiro contacto cara a cara co mundo do Café. Reunímonos no Hostal con Dante Muriel de Incahuasi, quen viaxou tamén 25 horas. A reunión permitiunos ver que o impacto do CJ é positivo cando a calidade da organización de pequenos produtores e do produto son o primeiro. Empezamos a coñecer un factor imprevisto que afecta a calquera actividade produtiva: o canon gasífero. Por un lado afoga ás administracións da nosa zona de traballo con fondos para investimento, ao mesmo tempo estas administracións vense incapaces de xestionas produtivamente eses fondos, en parte por falta de capital humano preparado para asumir os proxectos ou mesmo vos xerar, por outro lado a administración fai competencia desleal pagando salarios altos que detraen forza de traballo do campo, todo é máis complexo do que esperabamos, non hai bos e malos, senón moitas dinámicas que poden chegar a ser perversas e que non contemplabamos.

Xuntanza con Dante Muriel
A expedición de Labañou Solidaria 2011.
|