|
|
Ola Visitante.
Benvido ao noso segundo boletín electrónico a través do cal vos queremos facer chegar as noticias máis importantes relativas ao traballo que levamos a cabo grazas á túa colaboración.
PROMOCIÓN DO TURISMO VIVENCIAL:
Actualmente un dos nosos máis activos colaboradores, Santiago del Valle, xornalista e escritor (www.vilcabamba.es e www.vilcabamba.net) atópase en Perú avanzando no proxecto arqueolóxico de Vilcabamba la Grande, a cidade perdida do derradeiro Imperio Inca. Aínda que se trata dunha aventura persoal, dende Labañou Solidaria levamos tempo intentando aproveitar as sinerxías que tal achado pode xerar para a poboación do distrito. Para iso estamos a traballar en colaboración con diferentes organismos públicos para a promoción do turismo vivencial, arqueolóxico e ecoturismo no distrito como unha forma na que diversificar e estimular os ingresos da poboación vilcabambina.
|
|
|
|
EXPEDICIÓN A VILCABAMBA:
Encontrámonos preparando a expedición deste ano a Vilcabamba, onde partirán a mediados de outubro Paloma Tomé e Lucía Vázquez Salinas. Como saberedes este é un ano de cambios, xa que nos embarcamos nun proxecto novo nunha zona nova dentro do distrito sen abandonar o noso traballo anterior no Val de Vilcabamba. Nesta viaxe queremos identificar un proxecto de colaboración coas familias produtoras de café no Val de San Miguel para que poidan comercializar os seus produtos a través do Comercio Xusto. Para iso estamos a realizar os contactos iniciais con diferentes organizacións e cooperativas alí, sen que se nos esquecen as organizacións que traballan promovendo o Comercio Xusto aquí, a través da nosa recente incorporación á Mesa do Comercio Xusto da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento.
|

Traballadores dos Cafetais
|
|
|
|
Páxina web de LABAÑOU SOLIDARIA:
Moi pronto estará á vosa disposición a nova web www.labanousolidaria.org máis dinámica, en diferentes idiomas, actualizada con nova información e materiais. Nela poderás estar ao tanto das nosas actividades e avances na loita por un mundo mellor.
ACTIVIDADES
-
A finais deste mes imos realizar un obradoiro sobre maximización de redes sociais para ONGs impartido por un Comunity Manager. Se queres participar ponte en contacto a través de labanousolidaria@gmail.com e informarémoste do lugar e datas de realización. Aproveitamos tamén para invitarte a facerte amigo/a do noso Facebook, onde encontrarás información actualizada das nosas actividades e material, noticias e eventos que teñen que ver co noso traballo.
-
Ao regreso da expedición deste ano levaremos a cabo o acto público de rendición de contas onde teremos a posibilidade de informarte da forma máis completa posible de como, cando e onde se están a investir os recursos que achegas e o seu impacto na loita contra a pobreza que levamos a cabo co esforzo de persoas voluntarias e colaboradoras. Recibirás máis información da celebración deste acto no noso próximo boletín.
-
Queremos tamén agradecervos o éxito da Sardiñada Solidaria 2011 no barrio de Labañou. Contamos con máis asistentes que nunca e unha importante recadación para os proxectos, ademais de poder gozar dun delicioso café e chocolate de Comercio Xusto.
|
|
|
|