Climatoloxía

O Distrito de Vilcabamba encóntrase no hemisferio sur, polo que o verán empeza no mes de decembro e o inverno en xuño.

Está moi próximo ao ecuador polo que as horas de insolación (de 6 da mañá a 6 da tarde) varían pouco ao longo das estacións.

A temperatura varía moito en función da altitude, sendo o clima caloroso e húmido en zonas de cella de selva e moi frío nas alturas. Na comunidade de Pucyura a temperatura ambiental flutúa entre 15 e 16 graos, pero á posta de sol comeza a facer frío, sobre todo en inverno (xuño, xullo) e as temperaturas descenden ata os cero graos.

O réxime de chuvias divide na práctica o ano en dúas estacións, a estación seca (de xuño a decembro) e a estación de chuvias (decembro a maio).

A maioría de habitantes da zona non conta con roupa de abrigo abondo para enfrontar as baixas temperaturas, polo que as enfermidades respiratorias son frecuentes.