Demografía

A provincia de La Convención conta cunha poboación estimada de 150.000 habitantes, o 16% de todo o Departamento de Cuzco, manténdose moi estable durante os últimos 15 anos. O seu capital, Quillabamba ten 30.000 habitantes.

O 85% da poboación da provincia é rural. O 49% ten menos de 20 anos. O 38%, entre 20 e 50 anos e o 12.7% é maior de 50 anos. Cada familia ten de media 7 persoas. As nais adolescentes son numerosas na zona.

O Distrito de Vilcabamba, onde LABAÑOU SOLIDARIA traballa, conta cunha poboación estimada de 15.000 habitantes, cunha densidade de 2 ´ 8 habitantes/Quilómetro Cadrado.

Hai que ter en conta que unha parte da poboación en idade produtiva emigrou, fundamentalmente a Cuzco e Lima. O índice migratorio é dun 10% dos mozos e as mozas, que intentan mellorar as súas condicións de vida marchando ás cidades.

A idade media da emigración sitúase entre os 12 e 20 anos, sendo máis notoria no sexo feminino.