Situación
Vilcabamba é un Distrito da provincia de La Convención, Departamento de Cuzco, Perú.
Encóntrase na serra sur dos Andes peruanos, a uns douscentos quilómetros ao noroeste da cidade de Cusco, onde se refuxiaron e se fixeron fortes durante 40 anos os últimos incas que combateron os españois a finais do século XVI.
Alí, entre as montañas, fundaron o último reino Inca rebelde de Vilcabamba, a capital do cal foi a xa desaparecida e mítica Vilcabamba la Grande, cuxa localización exacta segue sendo obxecto de moitas expedicións de tipo histórico e arqueolóxico. Entre elas hai que destacar as investigacións da Asociación Juan de Betanzos iniciadas por parte de dous coruñeses, Santiago del Valle e Xosé Anxo Vidal, e que deron lugar ao inicio do Proxecto de Cooperación actual.
A provincia de La Convención encóntrase ao noroeste do Machu Pichu, en plena cordilleira andina. Limita o norte co Departamento de Ucayali, o sur co de Apurimac, o leste con Nai de Deus e o oeste con Junín e Ayacucho. A súa capital é Quillabamba, duns 30.000 habitantes.
A súa capital administrativa, Pucyura, a uns 85 Km. da cidade de Quillabamba encóntrase no corazón do Distrito, nunha valgada accidentada e rochosa, nas marxes do río Vilcabamba.

