A provincia de La Convención, Quillabamba

A Convención é unha provincia que se encontra ao noroeste de Cuzco, a cuxo Departamento pertence. Está a súa vez, dividida en oito Distritos.

É unha provincia moi extensa (o 43% do total do Departamento de Cuzco) con preto de 150.000 habitantes (o 16% da poboación total do Departamento).

Na provincia que hai que diferenciar dous nichos ecolóxicos moi diferenciados, cada un cos seus problemas:

  • Zonas do baixo, medio e alto Urubamba, de selva tropical, e altitude entre 300 e 1500 m.
  • Zonas alto andinas, de serra, con altitudes entre os 1.500 e 4.500 metros.

A situación de saúde e os recursos son distintos. Gran parte da provincia queda incomunicada durante a época de chuvias.

A capital, Quillabamba, que se encontra no Distrito de Santa Ana, ten uns 30.000 habitantes, e é onde se sitúa a UBASS Santa Ana (Unidade Básica de Asistencia Sanitaria) do Ministerio de Saúde.

En Quillabamba, situado nun antigo convento dominicano está o Hospital de referencia do MINSA para toda a provincia, agás para os Distritos de Quimbiri e Pichari que debido a falta de vías de comunicación, son atendidos polo Departamento de Ayacucho.

O seu director é o máximo representante do MINSA (UBASS Santa Ana) na provincia de La Convención.

Cada Distrito da provincia conta cun Centro de Saúde e varias Postas Sanitarias.

O Hospital de Quillabamba conta cunhas instalacións dignas pero con moi poucos recursos técnicos e materiais. Nel traballa un equipo médico de dez persoas, e carece da maioría das especialidades. Ten poucos medios de transporte para pacientes e persoal sanitario.

Actualmente, estanse a realizar obras de ampliación do Hospital, sobre todo en relación coa área cirúrxica.

A UBASS Santa Ana presta apoio loxístico aos Centros de Saúde, leva o control epidemiolóxico e a subministración de medicamentos. Tamén coordina e dirixe as actividades dos distintos programas sanitarios gobernamentais.

Hai tamén en Quillabamba outro pequeno Hospital, do Instituto Peruano de la Seguridad Social (IPSS), aínda que a maioría da poboación da provincia non pertence a la Seguridade Social.