A Economía
A economía do Distrito de Vilcabamba é de subsistencia, sendo declarado o Distrito polo Goberno de Perú como "de pobreza extrema".
A pobreza extrema é definida como a incapacidade de ingresos do fogar para acceder a unha canastra de alimentos que cubra os requirimentos mínimos nutricionais.
Dos 23 millóns de habitantes que ten Perú, 4.5 millóns (20%) encóntranse en extrema pobreza, segundo informe do PROMUDEH.
É moi clarificador un importante estudo realizado polo Ministerio da Presidencia para o Programa gobernamental "Estratexia focalizada de loita contra a pobreza extrema 1996-000", no que se clasifican todos os distritos de Perú segundo un índice de pobreza:
O Distrito de Vilcabamba é dos que reúnen as dúas peores condicións: pertencer ao grupo de maior índice de pobreza e dos que contan co maior número (incidencia) de pobres.
Neste estudo danse algunhas cifras en relación co distrito de Vilcabamba, ao que lle asigna unha poboación total de 14.100 persoas (1995):
| Poboación de vilcabamba 14.100 (1995) | Taxa | Número | |
| Pobreza | Pobres extremos | 37.5 % | 5.290 |
| Nutrición | Desnutrición cr. <4 anos (n=2.020) | 68.3 % | 1.380 |
| Educación | Analfabetismo | 28.7 % | |
| Absentismo escolar | 22.0 % | ||
| Vivenda | Amoreamento | 55.3 % | |
| Vivenda precaria | 59.4 % | ||
| Servizos | Sen auga | 99.0 % | |
| Sen desaugadoiro | 100 % | ||
| Sen electricidade | 98.4 % | ||
Como prototipo de familia rural de extrema pobreza descríbese a seguinte:
- Unha familia composta polo pai, a nai e 6 fillos/ás vivos/as de 9 embarazos. A nai non fixo controis previos ao parto, os nacementos foron na casa atendidos por un familiar, ou parteira/o tradicional.
- Viven nunha casa de adobe, dun só ambiente, con teito de palla e piso de terra.
- Teñen escaso mobiliario e carecen de auga, desaugadoiro e electricidade. Para buscar auga teñen que ir camiñando a un regueiro a 15 minutos ou máis de distancia.
- Como recursos económicos conta cun cuarto de hectárea onde a familia cultiva papa e olluco. A produción destínase ao consumo familiar, algo que non adoita alcanzar e que ás veces, debido á xeada ou ás condicións climáticas, non é suficiente para todos.
- O terreo é pobre e a familia non ten acceso a fertilizantes Una pequena parte véndena no pobo máis próximo, situado como mínimo a dez Km de distancia. Chégase a el por sendeiros de terra e camiños sen afirmar.
- Os pais e nais non asistiron á escola, pero agora os fillos e fillas de 8 e 10 anos asisten a unha escola primaria unitaria que se encontra no pobo a 10 Km de distancia, que percorren con pouco abrigo e sandalias de goma ("ojotas").

