Infraestrutura

A infraestrutura sanitaria na zona de intervención do proxecto é precaria. A capital da provincia da Concepción, Quillabamba, conta cunha unidade básica de asistencia sanitaria, pertencente ao Ministerio de Saúde. (UBASS). La UBASS Santa Ana presta apoio loxístico aos Centros de Saúde, leva o control epidemiolóxico e a subministración de medicamentos. Tamén coordina e dirixe as actividades dos distintos programas sanitarios gobernamentais.

Situado nun antigo convento dominicano está o Hospital de referencia do MINSA para case toda a provincia. O Hospital de Quillabamba conta cunhas instalacións dignas pero con moi poucos recursos técnicos e materiais. Nel traballa un equipo de aproximadamente dez médicos/ás, e carece da maioría das especialidades. Ten poucos medios de transporte para os e as enfermas e para o persoal sanitario.

Actualmente, estanse a realizar obras de ampliación do Hospital, sobre todo en relación coa área cirúrxica.

Hai tamén en Quillabamba outro pequeno Hospital, de Sistema de Seguridade Social (ESSALUD), aínda que a maioría da poboación da provincia non pertence á Seguridade Social, por non ter empregos formais.

Cada Distrito da provincia conta cun Centro de Saúde e varias Postas Sanitarias, con servizos mínimos.