Organización Comunitaria
Autoridades locais:
O Concello está en Pucyura, aínda que a capital histórica do distrito está en Lucma. O Alcalde ou Alcaldesa é elixido/a nos comicios municipais.
A Axencia municipal é unha autoridade importante dentro da xurisdición, está encargada de outorgar constancias de nacemento e defunción; realizar peritaxes por danos ocasionados; executar as cobranzas dos sitiais para a caixa municipal.
O Gobernador ou gobernadora do Distrito e os Tenentes Gobernadores, tamén elixidos/ás por sufraxio universal son os e as representantes políticos das comunidades campesiñas. O Gobernador/a de Distrito ten a residencia oficial en Lucma.
Os/ás Tenentes Gobernadores son os/ás representantes do Gobernador nas comunidades, e teñen funcións múltiples como:
- Facer gardar a orde pública en caso de ausencia da policía nacional, cando hai reunións ou convocatorias cívicas.
- Autorizar e legalizar a compra e venda de animais.
- Legalizar poderes notariais.
- Notificar á cidadanía un mandato xudicial ou policial.
- Expedir certificados de antecedentes comunais.
Organizacións comunais:
- As comunidades campesiñas:
- Existen en gran número no Distrito de Vilcabamba e a elas pertencen os comuneiros. Son comuneiros todos aqueles varóns que cumpriron os 18 anos de idade e están empadroados nun libro de rexistro e reempadroados cada dous anos.
- Teñen dereitos e obrigas de acordo ao regulamento e estatuto interno da comunidade.
- O presidente da comunidade é elixido nunha ágora por un período de dous anos e a súa misión é administrar a comunidade en todos os seus niveis e sectores.
- Aínda que carecen de competencias formais, na práctica constitúen un poder real e práctico moi importante dada a escasa presenza institucional e o apartado e esquecido do territorio, as mulleres son excluídas deste órgano de poder.
- Clubs de nais e vaso de leite:
- Organizacións conformadas por mulleres da comunidade, adoita haber unha en cada núcleo rural. Teñen a finalidade de preparar e repartir leite (doada polo goberno) para nenos e nenas menores de 12 anos, xestantes e anciáns/ás.
- Comedores populares:
- Grupos de mulleres en cada comunidade que enfrontan o problema da nutrición para os máis necesitados de xeito colectivo, mediante a elaboración de comida gratuíta ou a prezos moi reducidos. Tamén teñen axuda do goberno.
- Rolda campesiña:
- Nacida durante o período do terrorismo e chamada tamén de autodefensa, está constituída por habitantes, homes e mulleres aptos/ás e hábiles a nivel dos diferentes sectores da comunidade. Teñen a misión de defender a integridade territorial e garantir a seguridade contra a subversión e delincuencia.
- Varayoc. Dentro da organización campesiña de Vilcabamba existen os que teñen a obriga de servir á comunidade durante un ano, logo de elección democrática, coa idea de exercer a xustiza dende a época dos incas. Organizan pequenos traballos e obras para a comunidade. Persoas respectadas pola comunidade. Adoitan ser homes aínda que se dan casos de mulleres elixidas.
- Comites:
- Circunstancialmente constitúense Comisións específicas para enfrontar problemas concretos, como O Comité de Morte Materna, para reducir os altos índices de morte perinatal e materna que se dan no Distrito, ou o Comité de Defensa Civil para estar prestos ante calquera catástrofe.
- Promotores e Promotoras de Saúde:
- Son persoas das comunidades, parteiras tradicionais ou líderes comunitarios, que en colaboración co Centro de Saúde realizan tarefas de promoción de saúde, captación dos casos de risco, de información epidemiolóxica e pequenas actividades asistenciais. En ocasións atenden partos aínda que o obxectivo é conseguir que as mulleres se despracen ao Centro de Saúde para ser atendidas en condicións mais seguras e facerlle o primeiro control de saúde ao bebé.
- Reciben unha preparación no Centro de Saúde, cunha reunión mensual, e a súa achega é completamente altruísta.

