Os Postos de Saúde (tamén chamadas Postas sanitarias)
Trátase de pequenos Centros, en ocasións casas de adobe construídas pola comunidade, que se encontran dispersos polo Distrito
O seu número actual, en estado operativo é de 7 Postas, cinco delas inaccesibles en coche e moi afastadas do Centro de Saúde de referencia, construído polo MINSA (Ministerio de Saúde).
Nelas traballa persoal sanitario non médico, indistintamente feminino ou masculino, na actualidade:
- Posta de Oyara, cunha enfermeira, unha obstetriz e un técnico sanitario.
- Posta de Paltaybamba, cun técnico sanitario.
- Posta de Pampaconas, cun enfermeiro e un técnico sanitario.
- Posta de Arma, cun técnico sanitario.
- Posta de Choquetira, cun técnico.
- Posta de Incahuasi, cun técnico.
- Posta de Ccarco, cun técnico.
Estas Postas carecen de auga e luz, salvo as de Oyara e Paltaybamba que se encontran na estrada de Quillabamba a Pucyura. Tampouco están comunicadas por radio.
Contan cunhas instalacións en moi mal estado, escaso material e algún medicamento.
Cinco delas só contan cunha persoa técnico sanitario, polo que moitos días quedan desertas, porque el ou ela teñen que levar todos os meses un informe a Pucyura, e en ocasións a Quillabamba, ademais das solicitudes de calquera tipo.

